Os actores Mónica Cruz e Pedro Alonso, protagonistas do ‘Land Rober Tunai Show’ deste xoves

0
79

Ela vai experimentar o que é pintar a mona nun duelo con Eva Iglesias e el volve á casa despois de triunfar internacionalmente para contalo todo, sen pelos na lingua

Os actores Mónica Cruz e Pedro Alonso, protagonistas do 'Land Rober Tunai Show' deste xoves

Santiago, 25.03.2021.-   O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) recibe este xoves dúas estrelas internacionais. A bailarina e actriz Mónica Cruz e o actor galego Pedro Alonso, coñecido polas series ‘Padre Casares’ e ‘La casa de papel’, visitan o estudio e calquera cousa pode pasar.

Mónica Cruz vai experimentar que é iso de pintar a mona nun duelo con Eva Iglesias. Que lle terá argallado o equipo do programa? Ademais, os espectadores van vivir un momentazo, xa que Pedro Alonso volve á súa casa despois de triunfar internacionalmente, de percorrer o mundo e de palpar o éxito. E volve ao estudio de ‘Land Rober Tunai Show’ para contalo todo, sen pelos na lingua.

Por se todo isto fose pouco, non faltarán os xogos co público e esta noite tamén virá pintar a mona Víctor Fábregas.

Fuente Crtvg.es