Os actores Teté Delgado e Sergio Pazos e o mariñeiro e influencer Rogelio Santos optan ao ouro do ‘Tupper Club’

0
6

O presentador do programa, o chef Álex Iglesias, retaraos este martes a facer pratos con sabor a mar

Os actores Teté Delgado e Sergio Pazos e o mariñeiro e influencer Rogelio Santos optan ao ouro do 'Tupper Club'

Santiago, 5.7.2022.- Un martes máis, as portas do ‘Tupper Club’ (23.15 h) ábrense esta noite na Televisión de Galicia. Nesta ocasión, os aspirantes a ingresar neste exclusivo club gastronómico serán os actores Teté Delgado e Sergio Pazos e o mariñeiro e influencer do mar Rogelio Santos.

O presentador do programa, o chef Álex Iglesias, retaraos a facer pratos con sabor a mar. As tres celebrities de hoxe terán que acender os fogóns e preparar a mellor receita posible que lles permita superar os seus rivais e facerse co cobizado ouro do programa. Quen será o gañador? Como valorará cada un as receitas dos seus contrincantes? Cando se reúnan na sede do ‘Tupper Club’ van saltar chispas.

Fuente Crtvg.es