Os artistas Cepeda, Covadonga Cadenas e Pedro Barroso e o coreógrafo Poti poñen a proba o seu humor hoxe no ‘Land Rober Summertime’

0
7

Entre outros momentos divertidos, os espectadores verán a Dosinda como repartidora de ‘Mamazon’, o ‘Tunai Nius’ traerá as novas máis divertidas, e xogarase a ‘Parella ou descoñecidos’ e a ‘Adiviña a película’

Os artistas Cepeda, Covadonga Cadenas e Pedro Barroso e o coreógrafo Poti poñen a proba o seu humor hoxe no 'Land Rober Summertime'

Santiago, 4.8.2022.-  O humor con maiúsculas será protagonista un xoves máis na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova entrega de ‘Land Rober Summertime’ (23.10 h), unha refrescante oferta coa que os amantes da comedia poden vivir este verán os mellores momentos e os sketchs máis hilarantes deste programa de referencia na canle pública.

Así, nesta edición de verán do ‘Land Rober’, os espectadores verán a Dosinda como repartidora de ‘Mamazon’, o ‘Tunai Nius’ traerá as novas máis divertidas, e xogarase a ‘Parella ou descoñecidos?’ e a ‘Adiviña a película’, entre outros momentos divertidos.  

Os convidados que pasarán esta noite polo programa serán o cantante Luís Cepeda, a actriz Covadonga Cadenas, o coreógrafo Poti e o actor portugués Pedro Barroso. Todo isto, coa participación, coma sempre, de Roberto Vilar, Eva Iglesias, e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es