Os artistas Javier Veiga, Pili Pampín, Nerea Garmendia, Antonio Garrido e Pedro Barroso, protagonistas no ‘Land Rober Summertime’ esta noite

0
15

Santiago, 11.8.2022.-  O humor con maiúsculas será protagonista un xoves máis na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova entrega de ‘Land Rober Summertime’ (23.10 h), unha refrescante oferta coa que os amantes da comedia poden vivir este verán os mellores momentos e os sketchs máis hilarantes deste programa de referencia na canle pública.

Así, nesta edición de verán do ‘Land Rober’, os espectadores verán a Dosinda como carteira no rural, Paco e Chefa terán unha reunión co titor do seu fillo repetidor, asistirase a unha reunión, sen tradutor, contra o cambio climático entre Portugal e España, Protección Civil asistirá ao rescate dun reporteiro, Os Casquetes buscan o ‘madrileño’ comendo marisco e xogarase a ‘Pibón ou tripón’, entre outros momentos divertidos.  

Os convidados que pasarán esta noite polo programa serán os actores Javier Veiga, Nerea Garmendia, Antonio Garrido e o portugués Pedro Barroso, e a cantante Pili Pampín. Todo isto, coa participación, coma sempre, de Roberto Vilar, Eva Iglesias, e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es