Os cantantes e compositores Funambulista e Roi Casal actuarán no primeiro ‘Bamboleo’ do verán

0
4

Santiago, 27.06.2020.-   Este sábado visitan ‘Bamboleo’ os cantantes e compositores Funambulista e Roi Casal. Os dous artistas compartirán con Xosé Manuel Piñeiro este primeiro ‘Bamboleo’ do verán, na que será unha noite chea de música e de humor.

Con catros discos no mercado, Funambulista triunfa nos escenarios co seu traballo ‘El observatorio’, un disco cargado de emocións contadas a través das pequenas cousas, do que os espectadores escoitarán esta noite varios temas.

Pola súa parte, Roi Casal continua coa xira de ‘Son galego, son cubano’, en que contou coa colaboración de Xosé Neira Vilas como letrista para compoñer temas como ‘Pinar del río’ e outros que interpretará hoxe no escenario de ‘Bamboleo’.

A música da formación portuguesa Orquestra Royal Espectáculo animará a noite. No ‘Dirtidansi’, os espectadores verán unha exhibición de salsa e bachata a cargo da parella de bailaríns profesionais de Betanzos formada por Adrián e Paula. Ademais, o polifacético Isi regresará ao programa para contar as súas historias e participar dos xogos máis entretidos da noite.
    
Na sección ‘Agora ou Nunca’, Eva da Silva e Gemma Román estréanse cantando diante das cámaras os temas ‘The best’, de Tina Turner, e unha excepcional versión lírica de ‘Lela’.

Os clubs deportivos Kayak de Mar Ría de Muros – Noia e Balonmán A Cañiza participarán en ‘A Jrileira’ co tema ‘La mentira’, de Dani Martín, e adiviñando cantantes para intentar gañar un fantástico premio. Finalmente, na ‘ITV do Amor’ un participante do público terá que adiviñar cal é a parella de Santi en base ás respostas das posibles mozas: Tais, Carmen e Gloria.

Fuente Crtvg.es