‘Os Castros’ abordará hoxe a romanización e o fin da cultura castrexa

0
38

Os espectadores saberán como eran antes as relacións con Roma, cales foron as razóns da conquista e a súa cronoloxía, como foi a adaptación e como se produciu o abandono destas construcións

'Os Castros' abordará hoxe a romanización e o fin da cultura castrexa

Santiago, 02.12.2020.-  No capítulo desta semana da serie documental ‘Os Castros’ (22.30 h), abordarase o fin da cultura castrexa, o momento en que foron conquistados e comezou a romanización da Gallaecia.

Alba Mancebo saudará os espectadores desde o castro lucense de Viladonga, construído cando os romanos levaban 300 anos en Galicia, que é un caso excepcional pola súa ocupación tan tardía e porque serve moi ben para amosar o que querían os romanos dos castrexos.

Que significou para a cultura castrexa a conquista romana da Gallaecia? É verdade que os castrexos foron derrotados nunha gran batalla? Unha vez conquistados, foron escravizados ou colaboraron cos romanos? Canto tardaron en abandonar os castros? Estas e outras preguntas atoparán resposta no programa desta noite, que explicará como eran antes as relacións con Roma, cales foron as razóns da conquista e a súa cronoloxía, como foi a adaptación dos castrexos, cales eran as estruturas romanas do Estado, como funcionaban os castros romanizados e como se produciu o seu abandono e a morte da cultura castrexa.

Fuente Crtvg.es