Os desempates de ascenso á ACB viviranse este mércores en directo na Radio Galega

0
15

Desde as 20.10 h, o espazo ‘Galicia en Goles’ retransmite o último partido das series Breogán-Alicante e Granada-Básquet Coruña

Ademais de baloncesto, tamén se ofrecerá a eliminatoria de cuartos de final polo ascenso á Segunda RFEF entre o Somozas e o Choco

Os desempates de ascenso á ACB viviranse este mércores en directo na Radio Galega

Santiago, 08.06.2021.-    As dúas semifinais polo ascenso á Liga ACB de baloncesto decídense este mércores. Desde as 20.10 h, a Radio Galega retransmite os desempates das eliminatorias Breogán-Alicante e Granada-Básquet Coruña. As dúas series están igualadas a unha vitoria e será necesario o terceiro encontro para saber que equipos xogan a final.

O Breogán defende o factor cancha ante un rival que foi superior o sábado e que no Pazo chegou a estar por diante ata os segundos finais. Mentres, o Básquet Coruña foi quen de gañar na pista andaluza, pero con todo a favor caeu en Riazor por tres puntos, aínda que nunca chegou a estar por diante no marcador en ningún momento.

Ademais do baloncesto, o ‘Galicia en Goles’ do mércores tamén terá fútbol. O Somozas e o Choco disputan no Alcalde Candocia a eliminatoria de cuartos de final polo ascenso á Segunda RFEF.

Ao remate da xornada, os oíntes terán ocasión de escoitar os protagonistas dos tres partidos na edición de ‘Ao Contraataque’, a partir das 23.00 h.

Fuente Crtvg.es