Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ descubrirán este luns algúns dos manxares que se obteñen das castañas

0
11

O programa estará tamén coas cabras de Belén e María e aprenderá a facer unha pandeireta con Xosé, un artesán da percusión

Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' descubrirán este luns algúns dos manxares que se obteñen das castañas

Santiago, 30.05.2022.-    Hoxe, en ‘Cos Pés Na Terra’ (23:05 h), hai castañas para todos. Os espectadores coñecerán a Sonia e Óscar, dous rapaces que suman os seus esforzos nunha cooperativa que obtén deste manxar diferentes produtos.

O programa tamén descubrirá esta noite que as ovellas e as cabras son grandes loitadoras contra os incendios. O espazo da TVG estará no monte coas de Belén e María, que ensinarán moitas das diferenzas entre estas dúas especies tan traballadoras.

Ademais, ‘Cos Pés na Terra’ visitará a Xosé, artesán da percusión, co que o equipo do programa fará unha pandeireta, todo un emblema das músicas do rural galego.

Fuente Crtvg.es