Os ‘Incombustibles’ da TVG preocúpanse esta noite pola saúde na vellez

0
29

Ademais de entrevistas, reportaxes, enquisas e moita música, o programa (23.20 h) contará coa presenza do exatleta vigués Carlos Pérez

Os 'Incombustibles' da TVG preocúpanse esta noite pola saúde na vellez

Santiago, 04.12.2022.-    A saúde na vellez será o tema sobre o que xirará este domingo o programa ‘Incombustibles’, que pescudará se levamos unha vida saudable para poder gozar da vellez e se nos coidamos de novos para ter boa saúde de vellos. O espazo da TVG tamén se preguntará se a sociedade e o sistema se preocupan da saúde dos maiores.

Como cada semana, Teté Delgado, Luísa Veira e Manolo Botana buscarán en ‘Incombustibles’ as ferramentas necesarias para responder a estas e a outras moitas cuestións, entre as que estarán as entrevistas, as reportaxes, as enquisas a pé de rúa da reporteira do programa, Carlota Mosquera, e a música da banda interxeracional Deteriorados.

Ademais, o programa contará hoxe coa presenza do exatleta vigués Carlos Pérez, un especialista en longas distancias que chegou a ser olímpico e que hoxe en día, aos seus 87 anos, se mantén en plena forma.

Fuente Crtvg.es