Os integrantes da orquestra Panorama son os ‘Inimitables’ da nova entrega desta noite

0
7

Santiago, 23.08.2019.-  Os integrantes da orquestra Panorama serán os ‘Inimitables’ (23.00 h.) deste venres na TVG, programa que ofrece un especial sobre unha das formacións musicais galegas máis importantes, con máis historia e que consegue unha asistencia de público masiva en cada unha das súas actuacións.

Os espectadores da TVG poderán coñecer como preparan os seus espectáculos e que hai tras as actuacións, entre bambolinas. A posta en escena da orquestra Panorama sempre destacou polo seu impresionante despregamento de medios audiovisuais, pero este ano con ‘Number one tour’ achegan as ‘performance’ máis efectistas, amais de  ofrecer un repertorio cos números 1 de décadas pasadas e os temas máis actuais. Unha montaxe nova, á que se suma tamén un vestiario, unhas coreografías e, coma sempre, o último en innovación tecnolóxica, para converter esta xira nun dos espectáculos do verán.

Ademais de falar co director da Panorama, Lito Garrido, a audiencia poderá poñerlle cara á vintena de integrantes do equipo artístico e técnico desta orquestra, que leva o seu espectáculo xa por toda España. Esta será unha noite especial de música en directo e moita festa, en que os membros da Panorama son os ‘Inimitables’.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here