Os 'Larpeiros' cociñan este martes un dos seus peixes predilectos, o bacallau, que comerán en caldeirada con berberechos

0
6

Santiago, 11.06.2019.-  O bacallau é un dos peixes predilectos dos ‘Larpeiros’ (22.05 h.), non só polo seu sabor e versatilidade na cociña, senón tamén pola súa historia: un alimento que ten detrás a historia da navegación, dos descubrimentos xeográficos, das guerras e tratados, da conservación de alimentos… É por iso que cociñar con el sempre resulta tan sabedeiro como interesante.

Adrián vai visitar hoxe unha fábrica onde tratan o bacallau cos honores que merece e logo na casa prepararase unha caldeirada con bacallau e berberechos, unha parella improbable, desas que tanto lle gustan a Benigno Campos, que dará un espectacular resultado na mesa.

Para completar a festa, Merchi e Leni farán unha charlota de amorodos, un espectacular pastel que deixará coa boca aberta a todo o mundo. E, coma sempre, non faltarán cantigas, contos e troula das boas.
    

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here