Os ‘Larpeiros’ xúntanse este martes no ‘Social Club’ coa intención de buscar a mellor receita do mundo

0
3

Nos ensaios, prepararán uns chocos da ría con patacas, ha crema de tirabeques con vieiras e unha torta de coco e piña

Os 'Larpeiros' xúntanse este martes no 'Social Club' coa intención de buscar a mellor receita do mundo

Santiago, 19.05.2020.-   No ‘Larpeiros Social Club’ (22.25 h) buscarán hoxe a mellor receita do mundo. Aínda que con estes cociñeiros ao carón das potas, todas poderían selo. Benigno será o máis madrugador de todos. Polo visto, recibiu a chamada dun dos moitos amigos que ten nos mercados e comprou uns tirabeques marabillosos. Con eles, non tardará en chegar a inspiración e a idea de xuntalos cun chocos da ría e unas patacas, emocionará a todos. Podería ser estaunha das mellores receitas do mundo? Haberá que velo…

De conseguir os mellores chocos encargarase Adrián. Por suposto, ir por eles a Redondela, unha visita case obrigada. Os que medran nas augas da enseada de San Simón, na ría de Vigo, son os que máis lles gustan aos ‘Larpeiros’.

E como dous quilos de tirabeques dan para moito, Merchi tirará de arte e sabedoría para argallar unha crema de tirabeques con vieiras. E para acompañar o café e facer soñar os máis lambóns do club, Carla Rivadulla presentará unha desas receitas que merecen aplausos e reverencias a partes iguais: unha torta de coco e piña. Tampouco faltarán a música, as risas e a boa conversa. Por iso cada día o ‘Larpeiros Social Club’ ten máis asociados.

Fuente Crtvg.es