Os medios públicos galegos ofrecen hoxe o Melilla-Coruxo, partido aprazado en novembro polo mal tempo

0
12

Poderase seguir en directo pola web da CRTVG, ás 16.30 h, e en diferido pola G2, a partir das 17.00 horas

Os medios públicos galegos ofrecen hoxe o Melilla-Coruxo, partido aprazado en novembro polo mal tempo

Santiago, 04.12.2019.- Os medios públicos galegos ofrecen hoxe desde o estadio municipal Álvarez Claro, o encontro de fútbol entre o UD Melilla e o Coruxo FC, aprazado pola alerta meteorolóxica por forte vento que se prognosticaba nas costas melilleses en novembro e correspondente á duodécima xornada do grupo I da 2ª B.

O club vigués, na metade da táboa, acode a esta cita mellor situado ca o anfitrión, nos últimos postos da clasificación. O partido, que estará comentado por Gustavo Varela, poderase seguir en directo pola web da CRTVG, ás 16.30 horas, e en diferido pola G2, a partir das 17.00 horas.

Fuente Crtvg.es