Os medios públicos galegos retransmiten este mércores a final da Liga de fútbol sala feminino

0
14

Santiago, 21.06.2022.-  A temporada deportiva vai rematando e esta semana coñecerase o campión da Primeira División de fútbol sala feminino. O Burela e o Navalcarnero comezan este mércores pola noite a disputar a final, a ida e volta, co factor cancha para as madrileñas, porque remataron primeiras a fase regular. É dicir, o Burela está obrigado a gañar a eliminatoria, porque, no caso de empate, o campión sería o Navalcarnero.

O mércores, na G2 poderase seguir o partido ás 20.55 horas, mentres que o ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega retransmite o primeiro partido, desde o pavillón de Vista Alegre, a partir das 20.30 h. A bomboneira foi decisiva para a clasificación do equipo mariñao na noite do sábado, tras superar o Roldán de Murcia por 3-2, despois de empatar a un gol na ida. Paco Santos dirixirá a edición especial do programa radiofónico, coa narración de Roberto Carlos Carballo a pé de pista, ata as 23.00 h. A partir desa hora e ata a medianoite, o adestrador e as xogadoras do Burela xogarán ‘Ao Contraataque’ con Toni López García.

Pase o que pase en Vista Alegre o mércores, todo se decidirá na matinal do domingo, cando ás 12.00 h os dous conxuntos coincidan no pavillón madrileño de La Estación. Alí estará presente a Radio Galega, para contar o desenlace da final na edición matinal de ‘Galicia en Goles’. A emisión chegará ata as 15.00 h co obxectivo de trasladar á audiencia a que se agarda que sexa outra festa do deporte galego, que a semana pasada celebrou o título do Liceo na liga de hóckey sobre patíns.

Fuente Crtvg.es