Os partidos Badaxoz-Deportivo e España-Marrocos, protagonistas no ‘Galicia en Goles’ deste martes

0
26

Santiago, 05.12.2022.-    A Radio Galega ten preparada unha ampla programación deportiva para estes días festivos. O martes, desde as 15.00 h, Xoán Galán conduce a primeira edición especial de ‘Galicia en Goles’ para contar primeiro o España-Marrocos dos oitavos de final do Mundial de Qatar e despois, o Badaxoz-Deportivo da Coruña, da Primeira RFEF.

O mércores, o deporte continúa desde as 18.00 h co Celta-Boavista en Balaídos, onde o equipo vigués inicia unha serie de amigables para preparar o regreso á competición o próximo xoves 22 en Gernika, na Copa do Rei. Ata as 23.00 h o programa tamén estará nos encontros da Primeira RFEF: Rácing de Ferrol-Linares, Córdoba-Pontevedra e Talavera-Celta B.

Xa o xoves, a partir das 15.00 h, a Radio Galega iniciará seis horas de fútbol co Lugo-Spórting de Xixón desde o Anxo Carro, correspondente á Segunda División. O fútbol da Terceira RFEF tamén terá protagonismo ata as 21.00 h con catro enfrontamentos: Arteixo-Estradense, Choco-Arousa, U. D. Ourense-Fabril e Somozas-Paiosaco.

Ademais de ‘Galicia en Goles’, o programa ‘Ao Contraataque’ chegará ás 23.00 h, para analizar cos especialistas o sucedido en todos os encontros. O programa que dirixe Pedro Pablo Alonso alcanzou este trimestre os mellores datos de audiencia, coincidindo coa ampliación da emisión ata a 01.00 h, de luns a xoves.

Fuente Crtvg.es