Os sorteos da Copa do Rei e da Raíña de hóckey sobre patíns, en directo, na web da CRTVG

0
3

Santiago, 29.01.2020. Este xoves, os afeccionados ao hóckey sobre patíns, ou ao deporte en xeral, poderán gozar dos sorteos da Copa do Rei e Copa da Raíña desta disciplina deportiva a través da web da CRTVG

O sorteo terá lugar este xoves ás 12:00 horas no Concello da Coruña, onde tamén estarán presentes Inés Rey, alcaldesa da cidade herculina, e Carmelo Paniagua, presidente da Real Federación Española de Patinaxe; así como tamén os capitáns e capitás dos clubs clasificados e os adestradores e adestradoras. Nesta xornada sortearanse os cuartos de final e todo o cadro da competición. 

En ambos sorteos haberá catro cabezas de serie, que non se poden enfrontar entre eles en cuartos de final. Os equipos clasificados masculinos son: Barça, Deportivo Liceo, Igualada Rigat e Noia Freixenet, como cabezas de serie. O resto do bombo está composto polo Reus Deportiu Miró, o Garatge Plana Girona CH, o Recam Làser Caldes e o CP Calafell Tot L’Any

Pola súa parte, os conxuntos femininos clasificados teñen como cabezas de serie o CP Manllau, o Generali HC Palau Plegamans, o Cerdanyola CG e o Telecable Hóckey Club, mentres que o resto do bombo inclúe o CP Voltregà Stern-Motor, o CHP Bigues i Riells, o CH Vila-Sana e o CP Alcorcón

Os dous torneos celebrarase no Palacio dos Deportes de Riazor, entre o 19 e o 22 de marzo. É a segunda vez que se disputan conxuntamente as Copas do Rei e da Raíña de hóckey sobre patíns, cuxo obxectivo é potenciar ambas competicións en igualdade de condicións. 

Fuente Crtvg.es