Os ‘Susos’, protagonistas esta noite en ‘Casamos!’, cunha voda multitudinaria e sorprendente

0
17

Santiago, 26.08.2020.-  O programa ‘Casamos!’ (22.00 h) trae esta noite á TVG a historia de amor de Suso e Suso, a parella protagonista. Compartir nome, talle de roupa e mesmo o número de pé non podía ser unha coincidencia! Os Susos cruzaron as súas miradas en Compostela hai 5 anos e, desde o momento en que se atreveron a falar, sabían que a outra persoa ía ser importante nas súas vidas.

Foron moi rápido desde o comezo da súa relación e, por iso, cometeron algún que outro erro ata case perderse, pero Suso ‘o moreno’ non desistiu e volveu conquistar a Suso ‘o rubio’ para non separarse xamais.

Os plans de voda apareceron sen pensalo nunha celebración familiar e a petición oficial foi, nada máis e nada menos, que na propia Televisión de Galicia e con Pili Pampín como mestra de cerimonias. Menos dun ano despois, prepáranse para dar o ‘si, quero’, pero deixaron todo para o último momento e un mes antes da voda non teñen traxes, alianzas nin baile! Serán quen de chegar a tempo? ‘Casamos!’ asiste a unha multitudinaria voda que non deixará indiferente a ninguén porque, como din eles mesmos, os Susos «son diferente a todo».

Fuente Crtvg.es