Os vídeos dos ‘presentadores por un día’ realizados no Culturgal, xa dispoñibles na web da CRTVG

0
12

Santiago, 11.12.2019-    Os vídeos dos ‘presentadores por un día’, realizados polo público no stand da CRTVG na pasada celebración do Culturgal, en Pontevedra, están xa dispoñibles nesta mesma web, premendo aquí.

Os asistentes á Feira das Industrias Culturais de Galicia, celebrada do 29 de novembro ao 1 de decembro, amosaron un grande interese por experimentar a sensación de poñerse diante dunha cámara e ler unha noticia ao xeito dun presentador de Telexornal.

A realización destes vídeos foi posible grazas á instalación dun estudio virtual Chroma-Key no set do que dispoñía a Televisión de Galicia no Pazo da Cultura pontevedrés. Nel, os visitantes convertéronse, por un intre, en presentadores dun informativo, véndose reflectidos nunha pantalla de gran formato e inmersos no decorado característico dun Telexornal da TVG.

No stand da CRTVG tamén se puido vivir a experiencia de realidade virtual ‘Un país en 360’, un programa, gravado con cámaras 360, que utiliza a tecnoloxía para achegarlles aos espectadores o patrimonio natural e monumental de Galicia e que chegou ao prime time da Televisión de Galicia o pasado luns. Presentado por Estíbaliz Espinosa, ‘Un país en 360’ descobre Galicia de forma inmersiva, xa que é o público o que está no centro da acción.

Fuente Crtvg.es