Gala cargada de nervios, bágoas e emoción, en que os marcadores dos participantes da segunda semifinal comezarán a cero e calquera cousa pode suceder
Santiago, 16.09.2023.- Esta noite de sábado chega á Televisión de Galicia a segunda semifinal de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (22:40 h), chea de nervios, bágoas e emoción. Despois da clasificación de Selu López e Simón O Pérez no programa anterior, os marcadores dos seis participantes restantes están a 0 e calquera cousa pode suceder.
Os padriños aproveitarán para darlles os últimos consellos aos seus afillados antes de enfrontarse ao que pode ser para eles o último programa do concurso, en que hoxe outros tres cantantes quedarán clasificados para a final. Ademais, os padriños terán un papel moi importante, xa que eles, xunto ao público e o xurado, serán os encargados de elixir a segunda tanda de concursantes que pasan á final.
Fuente Crtvg.es