Santiago, 19.08.2023.- ‘Bamboleo’ recibe hoxe unha convidada excepcional: a gran Pastora Soler, Medalla de Andalucía no ano 2019 e finalista dos premios Grammy Latino, que conta cunha longa lista de éxitos nos seus case 30 anos de carreira discográfica. Ademais, o musical contará co cantante e compositor Germán Prieto e a parella de baile deportivo David e Silvia, que realizarán exhibicións de jive e rumba. A música da verbena galega estará asegurada coas actuacións da formación musical M-3 Show.
Non faltarán os típicos xogos do programa con Claudio e Tamara Pérez. No ‘Agora ou nunca’ participarán Joanna Rincones, que cantará ‘En carne viva’, de Scarlet Linares, e José Manuel Couñago, entoando ‘¿Y cómo es él?’ na versión de Marc Anthony.
A sección de ‘A jrileira’ traerá a Comisión de Festas de Sar e a Asociación Cultural e Recreativa de San Félix de Afora, ambas de Santiago de Compostela, para cantar ‘Corazón latino’, de David Bisbal, e adiviñar intérpretes.
Por último ‘A ITV do amor’ porá a proba a capacidade que ten de improvisar unha parella de namorados, que queren levar un fantástico premio.
Fuente Crtvg.es