Rácing de Ferrol-Rayo Majadahonda, este martes en directo en g24.gal e radiogalega.gal

0
12

Santiago, 07.03.2022.-     O calendario do deporte vai volvendo á normalidade pouco a pouco. Este martes, o Rácing de Ferrol ponse ao día na Primeira Federación recibindo na Malata o cuarto clasificado, o Rayo Majadahonda. Este partido comeza ás 20.30 h e os oíntes de ‘Galicia en Goles’ poderán escoitar íntegra a emisión a través de g24.gal/deportes, radiogalega.gal e as aplicacións para o móbil. Ademais, a FM recollerá parte do encontro na ‘Crónica dos Deportes’ e, a partir das 23.00 h, o programa ‘Ao Contraataque’ entrevistará os principais protagonistas.

O Racing vén de empatar o sábado pasado en Riazor ante o Deportivo e, se dá conseguido os tres puntos, igualaría a 43 coa U. D. Logroñés e situaríase en postos de promoción de ascenso á Segunda Profesional, a un só punto do Rayo Majadahonda.

O equipo de Deportes da Radio Galega prepara xa o que será a xornada do supersábado 12 de marzo. ‘Galicia en Goles’ recuperará o formato clásico do multipartido, xa que na mesma faixa coincidirán ata sete equipos galegos: o Celta e o Lugo, nas categorías profesionais, xunto ao Deportivo, o Rácing, o Celta B, o Pontevedra, o Compostela e o Arenteiro, nas divisións dependentes da Federación.

Fuente Crtvg.es