Ración extra de humor no "Land Rober Tunai Show" desta noite, que recibirá a visita de Covadonga Berdiñas e Quique Morales

0
109

Santiago, 21.09.2017.-     Os espectadores de “Land Rober Tunai Show” asistirán este xoves a un programa con ración extra de humor e risas, con nada máis e nada menos que catro sketchs. Roberto Vilar, Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias veñen dispostos a pintar a mona máis ca nunca e a trasladar a diversión do estudio ás casas dos espectadores.

O espazo da TVG recibirá hoxe a Covadonga Berdiñas, actriz de televisión e teatro, lembrada con moito agarimo polo seu papel de Puri nunha serie mítica da Galega: “Padre Casares”.

E como de ir a rego cheo vai a cousa, “Land Rober Tunai Show” tamén contará coa presenza do mítico Quique Morales, o rei dos directos. Quen será o que teña que poñer a proba a súa intuición no “Quen vés sendo”?

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here