Radio Galega Música é desde este xoves a emisora de referencia de 'O Son do Camiño'

0
14

Santiago, 13.06.2019.-  Os amantes da música en directo e dos festivais teñen desde hoxe e ata a madrugada do domingo unha cita inescusable con Radio Galega Música, que será unha emisora de referencia para transmitir e contar todo o que estea pasando na segunda edición de O Son do Camiño.

Desde o comezo do festival, ás 16.00 horas, RG Música será o altofalante dos momentos máis significativos que se poidan gozar dentro do recinto do Monte do Gozo. Con este cometido, os locutores da emisora pública Moncho Lemos e Vituco Neira dispoñen dun set, desde o que ofrecerán, en directo, os concertos do escenario Galicia e polo que pasarán tamén algúns dos artistas máis singulares do certame.

Os oíntes de Radio Galega Música poderán seguir, deste xeito, case unha vintena de concertos de grandes grupos nacionais e internacionais, como son Beret, Marem Ladson, Varry Brava, Bad Gyal, Shinova, Second, Hard GZ e Familia Caamagno, a través da banda FM, das aplicacións para móbiles ou na páxina web da CRTVG.

Tamén o espazo ‘Diario Cultural’ do venres, na súa edición de tarde, a partir das 17.30 horas na Radio Galega, realizarase en vivo desde O Son do Camiño, con contidos e convidados relacionados co certame.

A retransmisión do festival está vinculada ao programa ‘Estudio 3’ de RG Música, que dirixe e presenta Ricardo Alonso.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here