Radio Galega Música ofrece un novo concerto de 'Notas de Jazz', a través de Facebook Live, con Carlos Barruso

0
2

Santiago, 25.05.2019.-  Os amantes da boa música están de parabéns, posto que Radio Galega Música ofrecerá este mércores un novo concerto vía Facebook. O protagonista será o saxofonista galego Carlos Barruso, quen co seu concerto ‘Fin de Vida’ estase a despedir dos seus seguidores, xa que afronta un cáncer terminal. Un espectáculo ofrecido no Jazz Filloa na Coruña, en que hai jazz, blues e, sobre todo, moito funky.

O espazo ‘Noite de Jazz’ ofrecerá este concerto ás 22.00 horas, a través do Facebook Live da Radio Galega. Este é o quinto recital que ofrece o programa da emisora pública, que dirixe Xabier Facal, mediante a súa conta nesta rede social.

Con estas emisións, Radio Galega Música pretende establecer novas relacións coa audiencia aproveitando as posibilidades que permiten as ferramentas dixitais para achegar os sons galegos e os distintos xéneros musicais ao público máis novo. O concerto estará dispoñible nos audios da web da Radio Galega e na sección #cultura365 da páxina da CRTVG.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here