Real Sociedade-Celta e Deportivo-Talavera son esta fin de semana os partidos da xornada no ‘Galicia en Goles’

0
11

Santiago, 06.01.2022.-     O ‘Galicia en Goles’ da Liga chega á programación da Radio Galega este venres, ás 20.30 h. Paco Santos conducirá a primeira edición da fin de semana para analizar todos os partidos dos equipos galegos nunha xornada que promete emocións.

O sábado, desde 15.00 h, a atención estará posta na Primeira División de fútbol, coa visita do Celta a Anoeta para se enfrontar á Real Sociedade. Ademais, o programa estará en Madrid para contar o Dux Internacional-Rácing de Ferrol, da Primeira Federación. O derbi da Segunda RFEF entre o Bergantiños e o Arousa, xunto ao encontro da ACB Gran Canaria-Obradoiro completan a oferta de retransmisións do día. Na última media hora, ás 23.30 h, a actividade da competición dará paso á información olímpica, na sección ‘Galicia en París’.

O domingo, a edición matinal do ‘Galicia en Goles’ comezará ás 11.45 h co Deportivo-Talavera, en Riazor. Ademais, hai outra cita da Primeira RFEF, Celta B-S. D.  Logroñés, e o Arenteiro-Avilés, da Segunda.

A sesión de tarde comezará ás 14.30 h co Lugo-Mirandés, da Segunda Profesional, e tres encontros da Segunda RFEF: Pontevedra-Palencia, Compostela-Salamanca e Segoviana-Coruxo. O Basquet Coruña-Prat da LEB Ouro de baloncesto é outro dos argumentos da xornada. Na última hora do día, ás 23.00 h, chegará a quenda para os especialistas, que debatirán en ‘Ao Contraataque’ sobre os resultados dos equipos galegos.   

Fuente Crtvg.es