Risas, música e boa comida para despedir o ano no ‘Larpeiros Social Club’, que chega con propostas para a cea de Noitevella

0
8

Santiago, 30.12.2019.-     Para despedir o ano, nada mellor que facelo entre risas, música e boa comida. Hoxe é día de celebración no ‘Larpeiros Social Club’ e os cociñeiros non se andan con bromas. Se algún galego aínda non sabe que cociñar en Fin de Ano, que tome nota.

Adrián irá na procura da mellor centola do mundo polos mercados de toda Galicia. E, para saber como hai que cociñala, Benigno será o mestre dos fogóns. Mentres, Merchi viaxará ata Lugo para facer uns mazapáns artesáns que de seguro saberán a gloria. Mentres agardan por eles na mesa, os demais ‘larpeiros’ irán abrindo apetito cun chocolate con churros para o almorzo.

Pola súa parte, Lola non lle quitará ollo a ese polo da casa, ben criado, que axiña vai meter no forno. Xa o dicían as avoas: as aves de pluma, mellor con coñac. Para un día tan especial, os ‘larpeiros’ convidaron ao seu club unha boa amiga: a cantante Pili Pampín. Atreverase a cociñar unhas navalliñas?

A festa rematará coa deliciosa proposta de Merchi para a sobremesa: unha torta con ameixas, figos, pasas e albaricoques secos, as froitas mais típicas destas datas.

Fuente Crtvg.es