Ritmos latinos este sábado en 'Bamboleo', con Henry Méndez e Dama

0
4

Santiago, 15.06.2019-  Lucía Regueiro volve este sábado á noite propoñer un programa adaptado a todos os gustos e públicos, en que o espectáculo e o entretemento serán os ingredientes principais. Nesta edición, ‘Bamboleo’ (22.00 h.) recibirá a visita do produtor musical, compositor e cantante Henry Méndez, coñecido polas súas cancións de pop e reggaeton. Ademais do sinxelo ‘Si tú no regresas’, o artista estará acompañado de Dama, e xuntos interpretarán o seu famoso tema ‘Aviso’. A cantante sevillana tamén ofrecerá á audiencia o seu sinxelo ‘Duele’.

O programa da TVG ofrecerá tamén as actuacións da orquestra Televisión e da actriz e cantante galega Aida Blanco, que interpretará o seu primeiro sinxelo ‘Polvos de color’, un tema que fala das mulleres.

Ademais, ‘Bamboleo’ contará hoxe, coma cada sábado, coas súas seccións habituais. En ‘Agora ou Nunca’, dous participantes, Patricia Popescu e Antonio Rodríguez (Cubiche) amosarán os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando ‘I don’t wanna be you’, de Billie Elish, e o segundo, con ‘Esclavo y amo’, de Javier Solís.

En a ‘ITV do amor’, o obxectivo será acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas e ‘A Jrileira’ retará os participantes a interpretar ‘Me gustas mucho’ de Rocío Dúrcal ao karaoke. Ademais, en ‘Dirtidansi’, Gregory e Jessica bailarán bachata e showdance.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here