Roberto Vilar entrega hoxe o premio ao mellor barrio de Galicia no 'Fun polo Aire'

0
9

Santiago, 12.06.2019.-    Os veciños do barrio de Canido, en Ferrol, recibirán hoxe no espazo da TVG ‘Fun polo Aire’ o premio ao ‘Mellor Barrio de Galicia’ das mans de Roberto Vilar. O showman e presentador do ‘Land Rober Tunai Show’ unirase así á gran festa organizada na praza do Cruceiro. A partir das 20.00 h., tres equipos do programa conectarán en directo desde a cidade departamental para vivir de preto o ambiente  veciñal antes de recibir o galardón.

Nesta sección promovida por ‘Fun polo Aire’, os reporteiros do programa percorreron durante dous meses 14 barrios de Galicia, dous por cada unha das sete cidades galegas, presentándollelos aos espectadores desde o punto de vista cultural, social e de actividade comercial. Tamén se realizou un percorrido polas rúas e lugares máis emblemáticos e significativos de cada barrio, todo da man dos seus veciños e asociacións.

O barrio de Canido obtivo a vitoria grazas aos votos recibidos a través do Facebook e do WhatsApp do programa, con máis de 4.500 votos, que fixeron que se impuxera na fase final ao barrio ourensán da Ponte, segundo clasificado.   

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here