Roko, Pili Pampín e Ortiga ofrecen música e diversión no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
8

Santiago, 25.6.2022.- ‘Bamboleo’ trae á Televisión de Galicia unha destacada proposta de lecer para a noite do sábado. Xosé Manuel Piñeiro contará con convidados como Pili Pampín, Ortiga e unha artista andaluza cunha voz prodixiosa que triunfou en diversos programas de talentos na televisión nacional: Roko. ‘No vayas por ahí’ é o título do novo sinxelo de Roko que hoxe interpretará en ‘Bamboleo’.

Estarán tamén en ‘Bamboleo’ dous artistas galegos que, á parte de continuar coa súa carreira como solistas, acaban de presentar unha colaboración moi curiosa, en que mesturan tradición galega e ritmos tropicais. A cantante Pili Pampín e o artista Ortiga uníronse para crear unha particular versión do tema ‘Eu chorar, chorei’ e hoxe vana cantar en ‘Bamboleo’.

A orquestra convidada esta noite vén desde Cantabria, chámase Super Hollywood e ofrecerá unha selección de temas do seu repertorio. No ‘Dirtidansi’ estarán Dani e Alba, unha parella que, cos seus magníficos bailes, dá boa mostra da súa progresión.

O ‘Agora ou nunca’ estará protagonizado por Cris Pereira, que interpretará o tema ‘Pantera en Libertad’, de Mónica Naranjo, e Manu Señarís, que cantará ‘Temperamento’, de Carmen Flores. En ‘A Jrileira’ participarán a Sociedade Deportiva Barallobre, de Fene, e a Sociedade Deportiva Negreira, dous clubs de fútbol. Os seus representantes cantarán ‘No mires a los ojos de la gente’, de Golpes Bajos, e despois intentarán adiviñar o maior número posible de cantantes en minuto e medio.

Fuente Crtvg.es