‘Segredos – Desmontando Galicia’ descubrirá esta noite o que agocha Santiago baixo o chan que pisan cada ano máis de dous millóns de visitantes

0
1

Santiago, 02.12.2019.-   O programa ‘Segredos – Desmontando Galicia’ (22.15 h) chega este luns a Santiago, unha cidade onde hai moito que remexer, para desmontar o que fixo dela Patrimonio da Humanidade por partida dobre. Compostela é o terceiro centro de peregrinación da cristiandade despois de Xerusalén e Roma e os seus habitantes conviven cun pasado fascinante que agocha segredos en cada recuncho.

O espazo da TVG amosará o que garda a capital galega baixo o chan que pisan máis de dous millóns de visitantes cada ano. A súa monumentalidade medra na contorna do sepulcro do Apóstolo e conta con mestría, como un libro aberto, a historia, a relixión e a arte de Santiago e de España. Ademais, os espectadores poderán entrar en lugares nunca vistos e coñecer como era Compostela moito antes de converterse na cidade que hoxe é.

Coa axuda do ‘Sabichón’, Diana Nogueira e Alicia Burton desmontarán o maior símbolo da cidade e de Galicia, a catedral, para descubrir os grandes segredos que agocha. O programa irá máis aló e remexerá tamén nas testemuñas silenciosas da tradición xacobea: as rúas do centro histórico, as prazas do Obradoiro e das Praterías, o Hostal dos Reis Católicos, a Casa do Cabido, etc.

Fuente Crtvg.es