Semana con moito deporte na Radio Galega

0
9

Santiago, 26.10.2020.- Comeza unha intensa semana deportiva. O luns, desde as oito e media do serán, ‘Galicia en goles’ retransmite o partido da Primeira División entre o Levante o Celta, que se disputa no estadio Madrigal, de Vilarreal. Paco Santos conduce a emisión, coa narración de Roberto Carlos Carballo e a análise de Víctor López, Moncho Carnero e Jose Valtierra.

O martes, tamén a partir das oito e media, a atención estará posta no baloncesto, co encontro da Liga ACB entre o Obradoiro e o Valencia. Alfonso Pardo contará a emoción do xogo, cos comentarios de Raúl Villares.

Xa o xoves, desde as sete menos cuarto da tarde, o fútbol volverá ser protagonista co Tenerife-Lugo da Segunda División, no Heliodoro Rodríguez López.

Os oíntes poden seguir todas as emisións deportivas da Radio Galega a través da FM, TDT, radiogalega.gal, Radioplayer España e os altofalantes Alexa.

Fuente Crtvg.es