Semana de Copa por G24.gal/directos e radiogalega.gal

0
4

Santiago, 29.11.2021.- Os afeccionados ao fútbol poden gozar esta semana de tres intensos días de competición. Desde o martes ata o xoves, a Radio Galega retransmite os partidos dos sete equipos galegos que compiten na primeira eliminatoria da Copa do Rei, que se desenvolve a partido único. Desta volta, a emisión é exclusiva a través de Internet por G24.gal/directos, ademais de radiogalega.gal e a aplicación para o móbil.

O martes, desde as 7 do serán, o protagonismo será para os encontros Victoria da Coruña-Vilarreal, en Riazor; Ebro-Celta de Vigo, na Romareda; e Albacete-Rácing de Ferrol, no Carlos Belmonte.

O mércores, a partir das seis e media, haberá outras tres citas: Bergantiños-Tudelano, nas Eiroas; UCAM Murcia-Deportivo, na Condomina; e Arenteiro-SD Logroñés, no Espiñedo.

Por último, o xoves, desde as 8, o Adarve-Lugo, no Vicente del Bosque de Madrid, completará o calendario dos equipos galegos.

Na FM, a audiencia terá información da competición nos tres espazos deportivos diarios: ‘Zona mixta’, ás 3 da tarde; ‘A Crónica dos Deportes’, ás oito e media da noite; e ‘Ao contraataque’, ás 11 da noite.

Fuente Crtvg.es