Silleda acolleu onte unha nova e multitudinaria xuntanza de oíntes de "Pensando en Ti"

0
112

Santiago, 12.06.2017.-    Música, baile, gastronomía, moita diversión e algún que outro momento entrañable. Estes foron os ingredientes principais da xuntanza anual que os seguidores do programa “Pensando en Ti” da Radio Galega celebraron onte en Silleda, no marco da Semana Verde.

Milleiros de persoas reuníronse para a ocasión, nun acto que contou coa presenza da xefa de Programas da Radio Galega, Tania Fernández Lombao, e que tivo como mestre de cerimonias o presentador de “Pensando en Ti”, Marcial Mouzo. Máis de 50 autobuses procedentes de Galicia e Asturias levaron á vila pontevedresa os participantes na xuntanza, que este ano chegou á súa décimo terceira edición.

Desde as 10 da mañá ata ben entrada a tarde, o público puido gozar con diversas actuacións musicais, entre elas, as da Orquestra Essencia, entre cuxos integrantes está Jorge Menéndez, que leva varias temporadas colaborando co programa e que tamén actuou en solitario; e de Elena Sáa, cantante do grupo Rever de Pontevedra, colaboradora tamén de “Pensando en Ti”. A charanga A Cabeza non Para, o Trío Prata e o humorista Isi tamén contribuiron a manter o ambiente de festa durante toda a xornada.

Ademais, polo escenario desfilaron durante toda a xornada os oíntes máis destacados do programa esta temporada e os colaboradores das rutas de autobuses, que contribúen a que, ano tras ano, a xuntanza sexa todo un éxito.

Tamén houbo tempo para a entrega de diplomas aos oíntes e seguidores, que este ano recibiron Lola, de Amoedo, en Pazos de Borbén; Adelina Padín, que fala de agricultura ecolóxica no programa; Fernando Castaño, que se ocupa da sección “Contos na Madrugada”; José, de Cospeito, o oínte máis retranqueiro de “Pensando en Ti”, e o xa mencionado Jorge Menéndez. Un grupo de oíntes tamén quixo ter un detalle con Carlos Pascual, o coordinador desta xuntanza anual, e fíxolle entrega dunha placa conmemorativa.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here