Silvia Abril, Víctor Fábregas e Carlos Blanco servirán esta semana a comedia a domicilio de ‘Land Rober Tunai Show’

0
41

Como o público é o que manda, o programa (22.15 h) xogará cos seus seguidores a ‘Canta claro!’, coas mellores voces e risas a esgalla

Silvia Abril, Víctor Fábregas e Carlos Blanco servirán esta semana a comedia a domicilio de 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 30.04.2020.-    Un xoves máis, o programa ‘Land Rober Tunai Show’ seguirá servindo comedia a domicilio, nesta ocasión coa visita do actor Víctor Fábregas, que se meterá no papel de Fernando Simón. Ao show desta noite tamén se unirá unha boa pintamonas: a humorista Silvia Abril, que vai deixar os espectadores pampos coas súas arroutadas.

Por se isto fose pouco, Roberto Vilar vai poñer a proba a Carlos Blanco e Luís Zahera… Ou soltan a lingua a pacer ou pasarán o peor momento das súas vidas. E, como o público é o que manda, o programa xogará cos seus seguidores a ‘Canta claro!’. As mellores voces, ou non, farán rir a esgalla cos seus numeriños.

Fuente Crtvg.es