Sonia e Juan celebran a súa voda na Ribeira Sacra cun menú á galega, esta noite en ‘Casamos!’

0
2

A partir das 23.05 h, a historia de amor desta parella que acode á cerimonia xa cunha filla en común

Sonia e Juan celebran a súa voda na Ribeira Sacra cun menú á galega, esta noite en 'Casamos!'

Santiago, 31.01.2023.-    Os seguidores do programa ‘Casamos!’ poderán achegarse hoxe á historia de amor de Sonia e Juan, que se coñeceron grazas a unha amiga en común, Eva. O que comezou sendo unha bonita amizade rematou nunha relación de amor serena e tranquila.

A parella deuse o primeiro bico en Allariz. Case dous anos despois e xa cunha filla en común, deciden dar un paso máis na súa relación. Casan nunha casa rural en plena Ribeira Sacra e cunha ceremonia e menú moi galegos.

Os espectadores da Televisión de Galicia asistirán esta noite a unha voda tan xenuína como tradicional, que pon o colofón á historia de Sonia e Juan.

Fuente Crtvg.es