Televisión de Galicia acada en novembro a audiencia máis alta dos últimos dous anos

0
7

Santiago, 01.12.2020.- A Televisión de Galicia pechou novembro consolidando o incremento de audiencia e cos datos máis altos dos dous últimos anos. A Galega medrou cinco décimas de cota de audiencia en novembro respecto de outubro, e pecha o mes cun 10,6% de cota no conxunto do día e un 11% no prime time, datos que non rexistraba desde finais de 2018, e que afianzan a tendencia á alza da canle. Este aumento de espectadores tivo lugar os sete días da semana e moi especialmente os domingos, seguido dos xoves e venres.

Na programación informativa, os espazos da Galega acadaron unha cota media do 16,5% e manteñen o seu claro liderado na franxa do mediodía (19,9%). Todos os espazos informativos, o “Bos días”, o magazine matinal “A Revista”, “Galicia noticias”, “Telexornal mediodía” e “Telexornal serán”, así como os da fin de semana, incrementaron a súa audiencia en novembro. Mención especial merece o incremento sostido de audiencia do «Telexornal serán», que logrou liderados da súa franxa informativa neste mes.

Dos 25 programas máis vistos do mes de novembro en Galicia, 10 foron programas informativos da TVG, e non aparece outro informativo máis no ránking.

E entre as televisións autonómicas, a TVG mantén valores superiores á media da rede FORTA, 2,2 puntos de cota máis no conxunto do día e 2,3 puntos no prime time.

Fuente Crtvg.es