Televisión de Galicia presenta este xoves en Santiago o novo programa ‘A miña familia pola túa’

0
6

Santiago, 16.01.2020.-  A TVG presenta hoxe en Compostela o programa, ‘A miña familia pola túa’, unha divertida proposta en que dúas nais, de familias opostas, intercámbianse de fogar durante unha semana de convivencia. Imaxinas que dun día para outro che cambien a túa nai e teñas que obedecer a outra persoa? Neste espazo, as familias elixidas viven unha aventura que non as deixara indiferentes. Haberá risas, pero tamén tensión; haberá emoción, pero tamén algún que outro desgusto. E é que cando alguén de fóra entra nunha familia como membro novo, pode pasar de todo.

Este éxito mundial, adaptado a máis de 20 países e producido por Magnolia TV e La Región para a TVG, estrearase no ‘prime time’ da Galega a próxima semana. Ao acto, en que se poderá ver unha selección dos mellores momentos das familias participantes, asistirán os propios protagonistas, o equipo do programa e caras coñecidas da Galega.

Durante a semana de intercambio, cada novo membro deberá adaptarse ao estilo de vida e á rutina diaria da súa nova familia. Unha vez completada a experiencia, ambas familias reúnense e enfrontan as experiencias aprendidas.

Fuente Crtvg.es