‘Tupper club’ enfronta esta noite na cociña o triatleta Iván Raña, a zoqueira Elena Ferro e o Padre Patiño

0
9

O chef Álex Iglesias retaraos a facer pratos rápidos, que se poidan preparar a última hora

'Tupper club' enfronta esta noite na cociña o triatleta Iván Raña, a zoqueira Elena Ferro e o Padre Patiño

Santiago, 2.8.2022.-   Na última entrega da temporada de ‘Tupper Club’ (23.15 h), competirán por levar o ouro do programa o párroco máis famoso de Galicia, o Padre Patiño; a artesá zoqueira Elena Ferro e un dos deportistas galegos máis aclamados da historia: Iván Raña.

Todos eles recibirán a proposta do chef do programa, Álex Iglesias, de cociñar desde as súas casas pratos rápidos, que se poidan preparar a última hora. Coma sempre, ningún deles coñecerá a identidades dos seus rivais ata que se reúnan todos nas instalacións do ‘Tupper Club’. Quen será o/a gañador/a? Como valorará cada un as receitas dos seus contrincantes?

Fuente Crtvg.es