‘Tupper Club’ enfronta nos fogóns o cantante Sito Sedes, a presentadora Diana Nogueira e o actor Manuel Sanmartín

0
28

Santiago, 21.6.2022.- Celebrities, gastronomía e humor serán, unha semana máis, os ingredientes este martes á noite na Televisión de Galicia, que ofrece unha nova entrega de ‘Tupper Club’ (23.10 h). A Galega retará tres novos personaxes famosos a acender os fogóns e preparar o mellor prato posible que lles permita superar os seus rivais e facerse co cobizado ouro do programa.

Nesta ocasión, enfrontaranse, cada un na cociña da súa casa, o cantante Sito Sedes, a presentadora Diana Nogueira e o actor Manuel Sanmartín. Estes dous últimos son parella, pero ningún dos dous descubrirá que son contrincantes ata que se atopen, ao final do programa, na sede do ‘Tupper Club’.

Álex Iglesias, chef e presentador do programa, proporalles facer receitas onde o ingrediente principal sexa un produto verde, da horta. Quen será o gañador? Como valorará cada un as receitas dos rivais?

Fuente Crtvg.es