TVG lidera cun 16,3%, a cota máis alta desde 2020

0
24

Santiago, 04.11.2022.-     Televisión de Galicia foi a canle líder de audiencia en Galicia este xoves, nunha xornada en que tanto os informativos como o entretemento do prime time lograron o respaldo masivo da audiencia en Galicia.

A franxa informativa do mediodía, entre as 13:30 e as 15:30 horas, co ‘Galicia Noticias’ seguido do ‘Telexornal Mediodía’, foi amplamente a máis seguida polo público e obtivo unha cota de pantalla do 24,6 %, superando o competidor máis próximo en 7,3 puntos. Dentro desa franxa están os informativos ‘Galicia Noticias’, que acadou un 29 % de cota, con picos do 31 %, e o ‘Telexornal Mediodía’ que alcanzou un 24,2 %, con 160.000 galegos diante dos seus receptores.

A proposta do prime time con ‘Land Rober Tunai Show’ logrou unha cota do 21,8 %, sendo o programa de maior audiencia da TVG en toda a xornada. Durante a súa emisión, a Televisión de Galicia acadou 6,7 puntos máis que Antena 3 (cunha cota do 15 %).

Despois de pechar o mellor mes de outubro desde 2013, cun 10,7 % de cota de pantalla, mes no que foi a canle pública máis vista de Galicia, a Galega acumula tres meses seguidos á alza en canto a audiencias, destacando tamén como un dos motores do grupo de FORTA. Na xornada de onte a TVG bateu o récord de audiencia nun día dos últimos 28 meses,  o anterior rexistro, de 16,3 %, data de xullo de 2020.

Fuente Crtvg.es