Último capítulo de ‘Chegar á casa. O infiel galego’, con Caetano de volta para que Marta o perdoe e volva con el

0
20

Mentres tanto, Nuno marcha para Lisboa, o que deixa moi confundida a protagonista, que debe decidir entre o pai dos seus fillos e o seu novo amor
 

Último capítulo de 'Chegar á casa. O infiel galego', con Caetano de volta para que Marta o perdoe e volva con el

Santiago, 19.4.2022.-  No último episodio de ‘Chegar á casa. O infiel galego’ (23.05 h), os espectadores verán a sorpresa que atopa Marta cando entra na súa casa. Caetano está agardándoa, humilde e sincero, para pedirlle que o acepte de volta. Decláralle o seu amor e pídelle desculpas por todo o que fixo.

Pola súa parte, Rosa e Eduardo deciden organizar unha comida no xardín, ante a crecente inquietude de Marta. Caetano compite polo premio de xenro do ano, axudando a Eduardo en todo. Detrás de Caetano, Lola e Cristian chegan á vila.

Mentres tanto, Nuno marcha para Lisboa, o que deixa moi confusa a Marta. Todo o que sempre quixo está aí, pero falta saber cal é a decisión correcta para conseguir a felicidade. Ten que decidir entre o pai dos seus fillos e o seu novo amor e, principalmente, entre quedar na vila onde naceu ou regresar a Santiago de Compostela.

Fuente Crtvg.es