Un amor a proba de todo, o de Carmen e Miguel, esta noite, nunha nova entrega do programa ‘Casamos!’

0
74

Despois de 18 anos de relación e de ter que aprazar a voda dúas veces pola pandemia, deciden casar nun evento que promete ser diferente, orixinal e divertido (22.30 h)

Un amor a proba de todo, o de Carmen e Miguel, esta noite, nunha nova entrega do programa 'Casamos!'

Santiago, 27.07.2021.-    Os espectadores de ‘Casamos!’ coñecerán esta semana a historia de Carmen e Miguel, unha desas historias que fan crer no amor. Coñecéronse sendo moi noviños e grazas a amigos en común, pero as primeiras impresións de ambos os dous non foron boas. Ningún era o prototipo do outro. Ata que Cupido fixo das súas e esa apatía inicial se converteu en amizade e máis tarde, en amor.

Nin as terceiras persoas nin a distancia que, por veces, os separaba foron quen de romper esa unión entre os dous. Agora, despois de 18 anos de relación e de ter que aprazar a voda dúas veces pola pandemia da covid-19, Carmen e Miguel deciden casar nun evento que promete ser diferente, orixinal e moi divertido.

Fuente Crtvg.es