Un amor nado no ‘Supermartes’ será protagonista na entrega desta semana de ‘Casamos!’

0
6

Despois de 25 anos de relación e 18 de casados, Laura e Samuel queren renovar os seus votos e volver festexalo coa familia e os amigos (22.35 h)

Un amor nado no 'Supermartes' será protagonista na entrega desta semana de 'Casamos!'

Santiago, 20.07.2021.-     A Televisión de Galicia ten moito que ver na historia de amor de Laura e Samuel, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’. Coñecéronse grazas ao ‘Supermartes’, programa da TVG ao que os dous acudiron de público. Dende ese intre a conexión entre eles foi tal que aí comezaron a súa bonita historia.

Xuntos superaron momentos complicados como os rumores que intentaban separalos, unha profunda crise no primeiro ano de casados ou a grave enfermidade de Laura. Pero o seu amor incondicional puido con todo isto e con máis e agora os malos momentos son só lembranzas do pasado.

Laura e Samuel levan media vida xuntos: case 25 anos de relación e 18 de casados. Agora queren volver festexar o seu amor coa familia e cos amigos, nunha renovación de votos que promete ser inesquecible para todos.

Fuente Crtvg.es