Un artesán e unha cultivadora de flores compartirán esta noite a súa sabedoría en ‘Cos pés na terra’

0
12

O programa visitará tamén un home que decidiu que na variedade estaba o seu proxecto e ten nogueiras, ovellas galegas e vacas cachenas
 

Un artesán e unha cultivadora de flores compartirán esta noite a súa sabedoría en 'Cos pés na terra'

Santiago, 24.01.2022.-  O programa ‘Cos pés na terra’ (23:05 h) ten hoxe unha cita con Rodrigo, un artesán a quen non lle falta de nada e que está tan afeito a traballar con diferentes materiais como a obter pezas ben bonitas e cheas de luz.

O espazo da TVG visitará tamén a Manuel, un home que decidiu que na variedade estaba o seu proxecto. Manuel ten nogueiras, ovellas galegas e vacas cachenas, unhas vacas ás que lles encantan as patacas de Xinzo.

O programa desta semana deterase tamén a cheirar as flores que cultiva Vicky. Con ela, os espectadores descubrirán unha gran variedade e tamén que un encargo de voda é unha cousa seria.

Fuente Crtvg.es