O programa (23.15 h) coñecerá tamén a cerámica de Carmen e o paraíso terreal de Xosé Lois
Santiago, 20.6.2022.- O espazo ‘Cos pés na terra’ ten hoxe un produto de horta pouco visto: as luffas. Os espectadores coñeceranas a través de Begoña e as súas compañeiras, dentro dun proxecto ben valioso, que aposta pola integración social e laboral.
O equipo do programa tamén coñecerá a Carmen, ceramista, que é quen de transformar o barro en marabillas. Con ela, ‘Cos pés na terra’ irá na procura da materia prima favorita das súas mans á hora de deixar voar a imaxinación.
Ademais, o programa da Televisión de Galicia ten unha cita tamén con Xosé Lois no seu paraíso terreal, onde hai labirintos micolóxicos, ovellas e cabras, algunha cun nome ben curioso.
Fuente Crtvg.es