Unha galega e un andaluz, xuntos no ‘Land Rober Tunai Show’: a instagramer Tamara GR e o actor Antonio Garrido

0
58

Tamén estará esta noite no programa (22.00 h) o doutor Manuel Viso, que lles fará ao público e á audiencia boas recomendacións á hora da papatoria

Unha galega e un andaluz, xuntos no 'Land Rober Tunai Show': a instagramer Tamara GR e o actor Antonio Garrido

Santiago, 27.10.2022.-    Coas súas ocorrencias e vídeos virais, chega esta noite ao ‘Land Rober Tunai Show’ a galega Tamara GR, que vai descubrir a de segredos que lles gardan os fillos ás nais. Este xoves, máis dun vai confesar algo en directo e diante de toda Galicia. Para pintar a mona, a instagramer vai ter un bo aliado: o actor Antonio Garrido.

Por outro lado, o público e a audiencia van experimentar a revolución dos concursos televisivos. Ata vai haber que cortar cables e poden estoupar bombas. E, como comer hai que comer, hoxe estará no estudio o doutor Manuel Viso para dar uns bos tiróns de orellas e facer boas recomendacións á hora das papatorias en ‘Como comes’.

Fuente Crtvg.es