Unha parella de irmáns de Maside concursa este martes en ‘Lixo ou Tesouro’

0
64

Asumirán o desafío de seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos, entre os que se atopan un vestido, unha xoia e unha bóla de canón

Unha parella de irmáns de Maside concursa este martes en 'Lixo ou Tesouro'

Santiago, 21.11.2023.-    Na nova entrega que se ofrece esta noite (22:50 h), o programa da TVG ‘Lixo ou Tesouro’ recibirá a Adrián e Jon, unha parella de irmáns que chega desde a localidade ourensá de Maside.

Ao adentrarse no fascinante mundo dos obxectos misteriosos, asumirán o desafío de seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos, entre os que se atopan un vestido, unha xoia e unha bóla de canón, entre outros.

Como cada semana, ao longo das tres roldas do espazo presentado por María Mera a tensión aumentará a medida que se descubran os valores reais das cousas que os concursantes vaian descartando. Así ata chegar á decisión final: o obxecto que seleccionen e cuxo valor será o premio que consigan.

Fuente Crtvg.es