Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de ‘Galicia Bonita’

0
59

O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca

Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'

Santiago, 06.06.2023.-    O equipo de reformas de ‘Galicia Bonita’ (22.35 h), comandado, coma sempre, pola arquitecta Rosa Facal, colle hoxe rumbo ao Baixo Miño, onde afrontará o reto de desenvolver a reforma dunha pequena vivenda en Tomiño.

No lugar da Gándara, alguén ergueu unha modesta casa que, mediante ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións derivou na vivenda que Carven e Álex compraron hai só catro meses, un exemplo magnífico do que non se debería facer nunca.

A principal condición neste novo traballo do programa da TVG será cumprir coas sensibilidades dos seus propietarios, unha parella ecoloxista que quere tornar ás súas orixes despois de moitos anos dando voltas polo mundo e do gasto excesivo de recursos na cidade.

Fuente Crtvg.es