'Vaia Troula' viaxa este domingo ata O Carril para non perder a gran Festa da Ameixa

0
8

Santiago, 18.08.2019.-  ‘Vaia Troula’ (22.25 h.) non podía perder unha nova edición da Festa da Ameixa, por iso este domingo viaxará ata o Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Alí estará Neves Rodríguez para saborear coa veciñanza un dos manxares máis recoñecidos de Galicia.

Para seguir coa troula, a reporteira Adela Bértolo achegarase ao concello da Cañiza, onde ten lugar a famosa Feira do Xamón, á que acoden centos de visitantes. Raquel Rodríguez irá ata Monforte de Lemos para divertirse das festas patronais do concello no día da Virxe de Monstserrat. E Belén Rivero súmase á celebración da festa de San Roque de Melide, onde hai actividades para todas as idades.

Ademais, as cámaras do programa darán conta da fermosa Malla tradicional de Meira, da Festa do ovo frito de Cervo e no simulacro de naufraxio que a xente do mar dedica á Virxe do Carme en Laxe.

E por se fora pouco, o espazo tamén estará na festa de San Roque de Morgadáns, en Gondomar; a romaría de San Roque de Moraime, en Muxía; os xogos populares do concello de Ponteareas, e ofrecerá a actuación da orquestra La Favorita.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here