'Vaia Troula' vivirá hoxe toda a emoción das Festas do Carme na Illa de Arousa

0
11

Santiago, 21.07.2019.-     Un domingo máis, ‘Vaia Troula’, o programa máis festeiro da Televisión de Galicia, chega cargado de sorrisos e bo humor. Nesta ocasión, Nieves Rodríguez daralles a benvida aos espectadores desde A Illa de Arousa, onde celebran as súas grandes festas do verán. A presentadora terá a oportunidade de participar no día dedicado á Virxe do Carme, en que a procesión marítima é o momento máis agardado por todos.
    
A reporteira Adela Bértolo tamén estará na Illa para gozar do día de San Ramón. Nesta xornada, a romaría campestre congrega milleiros de persoas para comer, cantar e bailar. Bértolo terá unha fin de semana ben completa, xa que ademais pasará por Ribeira, un concello que estes días é unha auténtica troula grazas á Festa da Dorna.
    
Pola súa parte, a reporteira Raquel Pérez vai poder saborear un dos nosos produtos máis recoñecibles no verán, o pemento do Couto, que conta cunha festa en Narón, á que a cada ano acode máis xente. E Belén Rivero irá de concerto ao parque de Castrelos, en Vigo. A música de Leiva será a protagonista dunha actuación en que haberá máis de 20.000 persoas.
    
As cámaras de ‘Vaia Troula’ tamén estarán presentes na Festa da Pescada do Pincho de Celeiro, en Viveiro, onde os asistentes poderán gozar dunha chea de preparacións distintas deste manxar dos nosos mares.
    
O Mercado Medieval de Corcubión; as Festas de Vilaboa, en Culleredo; as espectaculares Carrilanas de Esteiro, en Muros, e a Exaltación da Chanfaina e a Carne do Suído, en Fornelos de Montes, completan o menú trouleiro para o programa deste domingo. A actuación da orquestra La Favorita poralle o broche final a un ‘Vaia Troula’ espectacular.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here